EMERXENCIAS NA RÚA 2009

Por segundo ano consecutivo a A.C.D. Bombeiros Bergantiños colabora na xornada de EMERXENCIAS NA RÚA que se organiza con motivo da celebración de San Xoán de Deus. Este ano o evento desenrolouse na praza do concello de A Laracha despois de que o ano pasado se fixese no concello de Carballo.

Levaronse a cabo diferentes simulacros como:

+ Excarcelación de víctimas atrapadas en vehículos.

+ Evacuación de feridos a través dunha tirolina.

+ Ataque e corte de fuga de gas nunha antorcha.

+ Manexo e extinción de lume con extintores convencionais.

+ Búsqueda e orientación en espazos con fume.

+ ...e tamén a exibición dos vehículos e materiais do Parque de Bombeiros de Carballo.

Aproveitamos para agradecer ó Parque de Bombeiros de Carballo como entidade organizadora e tamén ó Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, Concello de A Laracha, Protección Civil de A Laracha e Desguaces A Galleguiña a súa colaboración.

 

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

 

SAÍDAS BTT

No mes de marzo 09 comezan a rodar as bicis polas estradas e pistas da comarca. Parece que os máis "bicicleteiros" xa se van animando e comezan a quedar para sair en bici. Noraboa para estes intrépidos ciclistas e esperamos que nos vaian pasando algunha foto nova dos seus roteiros en bicicleta.

Tamén nos consta que algún perdeu o equilibrio e acabou no chan. ¡¡Ese Toniiiii¡¡.

 

 

CURSO DE TECNICAS DE EXCARCELACIÓN EN ACCIDENTES DE TRÁFICO

Despois de que Sabino estivese a principios do 2008 realizando este curso na Escola Nacional de Protección Civil, a finais do ano tocoulle o turno á compañeira Catu formarse nas novas técnicas de excarcelación da man de 4 compañeiros fernómenos pertencentes a Bombeiros de Navarra.

Tanto un coma o outro disfrutaron e aprenderon moito neste curso e agora tentarán compartir cos seus compañeiros tódalas cousas boas que trouxeron de Madrid.

Polo de pronto intentarán implantar os "Josean Kubox", un invento moi útil e sinxelo creado polo amigo Josean e que facilita o traballo de estabilización dos vehículos accidentados.

 

CURSA BOMBERS 2008

Bótalle unha ollada ó que nos trouxeron de Barcelona os nosos compañeiros Oscar e Sergio.

 

E M E R X E N C I A S  N A  R U A

 8 de marzo de 2008

O pasado sábado celebramos as primeiras xornadas de presentación de materiais e vehículos de emerxencia e intervención. Pincha no cartel para ver máis información.

 

 

 

www.bombeirosbergantinos.com

info@bombeirosbergantinos.com