CAFE SOLO OU CON...
Damos comezo a un novo espazo adicado ás entrevistas e a coñecer a persoas que se adican ó mundo das emerxencias. Semanalmente iremos presentando novas personaxes coas que "tomaremos café".
Para a primeira ocasión presentamos ó presidente da nosa asociación e membro do Parque de Bombeiros de Carballo
![]()
CAFÉ SOLO OU CON JOSÉ BARCA:
1. Nome e apelidos:
José Barca Recarey
2. ¿En qué servizo desenrolas o teu traballo?:
No parque de Bombeiros Comarcal de Bergantiños
3. ¿Cantos membros conforman habitualmente o teu equipo de traballo diario?:
Entre 3 e 4 bombeiros por guardia
4. ¿Qué posto ocupas dentro do equipo?:
Bombeiro
5. ¿Cantos anos levas no servizo?:
4 anos
6. ¿Estiveches vinculado a outros servizos de emerxencia? ¿cantos anos?:
Estou vinculado á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil dende o ano 2000.
7. ¿Cómo chegaches a vincularte ó mundo das emerxencias?:
Pois traballando como Técnico Deportivo nunha instalación deportiva me empezou a gustar o mundillo e comecei a prepararme.
8. De non adicarte a isto, ¿a qué che gustaría adicarte profesionalmente?:
Pois seguramente á educación deportiva infantil.
9. Un mal recordo dentro da túa actividade profesional…:
Varias imaxes vistas en accidentes de tráfico moi impactantes.
10. Un bo recordo dentro da túa actividade profesional…:
Tódalas amistades feitas entre os compoñentes do servizo debido ó gran compañeirismo existente.
11. Nárranos unha intervención significativa para ti na túa traxectoria laboral…:
De todas aprendes porque nunca hai dúas iguais, e iso axúdache a formarte como bombeiro.
12. Un chiste sobre a túa profesión…:
¿Cal é o colmo dun bombeiro? – Estar queimado no traballo.
13. A túa comida preferida...:
Varias: Pasta, ensaladas, comida china, chocolate, churrasco, etc...
14. A túa afición preferida...:
Facer deporte, a praia, viaxar, a música, o cine...
15. ¿Recomendaríaslle este traballo ó teu fillo/a?:
En parte si, pero en algúns aspectos do traballo non llo recomendaría a ninguén, e menos a un fillo.
GRAZAS