CALENDARIO A.C.D. BOMBEIROS BERGANTIÑOS 2009

PATROCINADOR OFICIAL
Por fin o venres día 7 poidemos presentar o proxecto de calendario solidario que a nosa asociación está levando a cabo. Por fin temos ese traballo nas nosas mans e esperamos que moi pronto, nas de moita xente que queira colaborar nesta actividade.
Estivemos acompañados por María Dolores Felípez, presidenta da Asociación de Mulleres Separadas de Galicia, entidade coa que colaboraremos co 50% dos beneficios desta actividade. Esta asociación traballa entre moitas outras cousas asesorando, informando e apoiando a moitas mulleres que sufren a violencia de xénero. Dende aquí todo o noso apoio para tódalas mulleres que padecen esta lacra e para tódalas que compoñen esta asociación.
Estiveron presentes na rolda de prensa tódolos medios de comunicación que estaban informados:
A todos eles agradecerlle a súa cobertura informativa da nosa actividade:
www.bombeirosbergantinos.com
info@bombeirosbergantinos.com