CURSA BOMBERS 2008
Como xa anunciaramos, o pasado domingo 6 de abril celebrouse en Barcelona a tradicional carreira CURSA BOMBERS que consta dun percorrido de 10 km e alí estiveron dous membros da nosa asociacion. Desta vez estiveron acompañados de tres compañeiros que, aínda que non pertencen á asociación, comparten a mesma profesión ca nós e as mesmas gañas de practicar deporte. A carreira bateu récord de participación con 13.900 atletas nesta X edición.
Aínda que todos eles conseguiron uns tempos moi bos, o importante desta carreira é fomentar o deporte e a convivencia entre deportistas, así que olvidaremos os números que soamente quedan ben nas estadísticas.
Aquí vai un pequeno recordo que nos trouxeron os compañeiros en forma de jpg, aínda que tamén poideron traer algo para picar...