EMERXENCIAS NA RUA

O pasado sábado 8 de marzo viñemos de celebrar a primeira xornada de presentación de materiais e vehículos de emerxencia e intervención que denominamos EMERXENCIAS NA RÚA. Anque o evento se programou para a tarde, xa dende pola mañá, os membros da Asociación Cultural e Deportiva Bombeiros Bergantiños e os voluntarios de Protección Civil de Carballo fixeron notar a súa presenza na praza do concello para transportar e colocar todo o material que despois se exibiría.

Dende as 3 da tarde e ata as 8 do serán, leváronse a cabo diversas demostracións de manexo da ferramenta e dos materiais propios dos servizos de bombeiros e protección civil. A pesares de que a climatoloxía non foi todo o favorable que desexabamos e houbo durante toda a tarde unha ameaza de choiva, o público non se amedrentou e acudiu a ver e participar das nosas actividades.

Probas como o manexo das ferramentas de excarcelación ou o uso de extintores con lume real foron algunhas das actividades que o público probou in situ e que crearon moita expectación, así como entrar nunha habitación chea de fume e experimentar as sensacións que produce.

A medida que transcorreu a tarde, a expectación foi a máis e cada vez máis xente se acercaba ás diferentes zonas da exposición para ver e coñecer o noso traballo. Proba delo son as diferentes publicacións aparecidas en medios de comunicación como a TVG, La Voz de Galicia, Diario de Bergantiños ou La Opinión.

Nos próximos días tentaremos colgar algunha fotografía do evento. Mentres, queremos agradecer a participación de tódolos membros da Asociación Cultural e Deportiva Bombeiros Bergantiños, dos membros de Protección Civil de Carballo e tamén dos patrocinadores da asociación, xa que sin a axuda de todos non sería posible ter organizado este evento.

Grazas.