HISTORIA DA ASOCIACIÓN.

    A Asociación Cultural e Deportiva Bombeiros Bergantiños ten a súa orixe no Parque Comarcal de Bombeiros de Carballo e como membros fundadores a totalidade dos integrantes deste parque.

    A idea de crear un ente para favorecer a realización de actividades levaba navegando polas cabezas de moitos de nós dende a apertura do parque aló polo mes de san xoán do 2004 pero non foi ata o ano 2007 cando todo comezou a moverse a partires dunha reunión dos membros do parque de bombeiros. Daquela reunión sairon as bases do que agora é a asociación e o pulo definitivo para comezar cos trámites burocráticos que rematarían a principios deste ano 2008.

    Coa asociación recentemente creada comezamos a nosa vida social - asociativa organizando as primeiras xornadas EMERXENCIAS NA RÚA 2008 aproveitando para darnos a coñecer como asociación pero tamén como profesionais das emerxencias na nosa comarca.

    Dende aquí, agradecer a tódalas entidades e persoas que están colaborando e apoiando as iniciativas da nosa asociación, un apoio que nestes primeiros momentos de vida, está sendo de vital importancia.

    A todos, Grazas.

 

    XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN:

        * José Barca Recarey (Presidente).

        * José Antonio García Pallas (Vicepresidente).

        * Sabino Menéndez Varela (Secretario).

        * Javier Díaz del Valle (Tesoureiro).

        * Manuel Viña Remuiñán (Vocal 1).

        * Sergio Mata Torreira (Vocal 2).

        * Pablo Taboada González (Vocal 3).

        * Daniel García Rúa (Vocal 4).

        * José Ramón Rodríguez Ramos (Vocal 5).

        * Luís Pinedo Armesto (Vocal 6).

        * Diego Domínguez Leis (Vocal 7).

        * Manuel Caamaño Carracedo (Vocal 8).

        * María Jesús Vilariño Díaz (Vocal 9).

        * Óscar Pereira Romero (Vocal 10).

        * Ricardo Sánchez Pombo (Vocal 11).

        * José Baldomir Pazos (Vocal 12).

        * Gerardo Martínez Rodríguez (Vocal 13).

        * Amadeo Regueira Cambón (Vocal 14).