AS SENDAS DO APÓSTOLO 2009

Este ano, e como novidade, a nosa asociación colaborará coa Asociación Ambiental Senda Nova de Carballo na celebración do roteiro AS SENDAS DO APÓSTOLO que esta asociación carballesa leva realizando tódolos veráns dende fai varios anos.

Dicir que o roteiro une Carballo con Santiago de Compostela a través de camiños e corredoiras que permiten ver e visitar numerosos espazos naturais e edificios singulares de especial importancia. O camiño faise a pé e consta de dúas etapas, comezando o sábado 22 e rematando ó día seguinte.

Este ano como novidade incorpórase unha nova actividade que é a realización dese mesmo roteiro pero en BTT. Neste caso faise nunha soa xornada e será o domingo día 30 de agosto.

Podedes ter máis información na web de Senda Nova  www.sendanova.org

 

 

 

www.bombeirosbergantinos.com

info@bombeirosbergantinos.com